Sin categoría

A activista a favor do abolicionismo da prostitución Amelia Tiganus visita o IES Auga da Laxe

Este luns 25 de abril o Club da Igualdade do IES Auga da Laxe recibirá a visita de Amelia Tiganus, activista a favor do abolicionismo da prostitución, que presentará a novela gráfica “Amelia, historia de una lucha”, baseada na súa vida e que fala da crueldade á que diariamente miles de nenas e mulleres teñen que facer fronte, vítimas das redes de trata de persoas, onde os seus corpos e as súas vidas son considerados mercancía.

A sesión, que se celebrará a partir das 5 da tarde no salón de actos do centro, está especialmente orientada ao alumnado de 1º de bacharelato e tamén ao que asiste habitualmente ao Club. A charla é posible grazas á colaboración da Concellería de Xuventude e Igualdade do Concello de Gondomar.

O martes Amelia Tiganus terá un encontro pola mañá co alumnado de 4º ESO do IES Terra de Turonio e, xa pola tarde, participará nunha sesión aberta a todas as persoas interesadas no Club Lecturas Debuxadas de Espazo Lectura, a partir das oito da tarde na Biblioteca Municipal de Gondomar.