Baíña Fútbol Sala e Down Vigo comparten unha tarde de partidos e paseos por Baiona

O Baíña Fútbol Sala e o colexio Down Vigo compartiron unha tarde de partidos e paseos por Baiona. Unha xornada rematada coa visita á réplica da Carabela Pinta grazas á colaboración da Concellería de Cultura e Deportes de Baiona. Para o sábado 23, club e colexio terán outra xornada de lecer xuntos. Estas actividades están pensadas para fomentar a integración e que mozos e mozas de ambos grupos compartan experiencias.