“Baiona é un pobo que o ten todo”

Un vídeo de promoción turística do Concello de Baiona no que Ofelia Hentschel, a coñecida concursante coruñesa de MasterChef, coñece, a lombos dun garrano, todo o que Baiona pode ofrecer ao visitante. No seu roteiro dacabalo polos montes baioneses, Ofelia foi acompañada por Adrián Martíns, de Finca Moreiras.

O vídeo difundirase a través dos perfís sociais do Concello de Baiona en base a unha estratexia de viralizar e poñer en valor o patrimonio natural, cultural, a gastronomía da vila entre os outros moitos atractivos que ofrece a localidade… todo iso desde un punto de vista de respecto total á contorna no que vivimos.

Tamén para poñer o foco na cima do Alto da Groba e os seus montes, a maior manda de cabalos salvaxes de Europa, e as espectaculares vistas panorámicas que ofrece este balcón privilexiado sobre o litoral sur de Galicia. Trátase dunha iniciativa máis da Concellería de Tuirsmo encamiñada á aposta de Baiona como destino turístico sostible e que, ademais, baséase na divulgación e protección, non só da contorna, senón tamén do noso patrimonio inmaterial, como é o garrano.

Esta campaña enmárcase dentro da estratexia da Concellería de Turismo de Baiona para reactivar o sector turístico na época post-COVID a través do ecoturismo e poñer así en valor estes animais e a contorna natural na que habitan, á vez que ofrecer á cidadanía baionesa e ás persoas visitantes que o desexen a posibilidade de vivir unha experiencia de proximidade con esta especie da nosa contorna.

Ofelia, de MasterChef 9, comprobou que en Baiona podes atopar todo o que necesitas para unhas vacacións inesquecibles.