Sin categoría

Últimos días para solicitar trampas contra a vespa velutina en Gondomar

O Concello de Gondomar recorda que ata o vindeiro día 10 de marzo pódese solicitar unha das 200 trampas contra a vespa velutina que o goberno local entregará á veciñanza. As persoas interesadas deberán presentar no rexistro municipal a súa solicitude cubrindo a instancia que se pode atopar na seguinte ligazón: https://cutt.ly/GPFW1E6. A entrega dos kits (trampa e unha dose de líquido atraínte e información para facer un correcto uso delas) farase en estrita orde de entrada.