Mañufe celebra a festividade de San Vicente

Mañufe celebra esta fin de semana a festividade do seu patrón, San Vicente. O sábado 22 de xaneiro ás 18:30 horas celebrarase unha Misa Solemne. O domingo día 23 terá lugar a Festa Parroquial do Encontro, na que sairán en procesión os catro santos da parroquia xunto á Virxe das Candeas. A imaxe de San Andrés sairá da súa capela situada en Nande ás 12:00 do mediodía dirección O Portelo, onde se unirá a de San Sebastián, para dirixirse xuntas ata a igrexa parroquial, onde esperarán San Blas e San Vicente. Tras o encontro, celebrarase a Misa Solemne ás 13:00 horas, seguida da procesión conxunta.