Baiona traslada o espectáculo “MITIC Rock Kids” ao Parque da Palma

O Concello de Baiona reprograma o espectáculo “MITIC Rock Kids”, un concerto familiar de rock que chega á vila o vindeiro xoves 30 de decembro, dentro da programación cultural Bai Nadal. O evento celebrarase no Parque da Palma, un espazo aberto, ás 17:30 horas, habilitando 225 cadeiras máis.

O universo MITIC ábrese aos máis pequenos da casa, dándolles a oportunidade de vivir un auténtico concerto de Rock, cunha misión clara de construír unha ponte imperecedoira, coa mellor música da historia das lendas do rock internacional.

Un espectáculo, de continuo descubrimento para o público máis esixente, cun alto contido cultural onde coñecerán de primeira man os límites da Gaita, o instrumento que marcará a súa terra, Galicia, metido na pel de Freddie Mercury, Bon Jovi, Tina Turner, Axel Rose… A cultura e a adrenalina danse a man para gozar aprendendo en “MITIC Rock Kids”.

As entradas poden adquirirse na seguinte ligazón:
https://vivetix.com/entradas-mitic-rock-kids-en-baiona