Pedro Albores e Óscar Zapata, do club Rega, campións do Torneo de Nadal por parellas de bolos celta

Hoxe celebrouse a fase final do Torneo de Nadal por parellas de bolos celta 2021. Este torneo celebrouse durante as últimas 9 fins de semana nos campos de bolos do club Camos. Participaron no mesmo un total de 28 parellas. A clasificación final foi a seguinte:

  • Campioa do torneo a parella do club de bolos Rega, formada por Pedro Albores e Óscar Zapata.
  • Subcampioa, outra parella do mesmo club formada por Juan Vasconcellos e Gabriel Valverde.
  • Terceira clasificada a parella de bolos Camos formada por Javier Fernández e José M. González.
  • Cuarta clasificada a parella do club de bolos Xunqueira composta por Alejandro Rodríguez e Aníbal Brites.

Este torneo pon fin á tempada 2021. O vindeiro sábado, día 18 de decembro ás 19:30 horas, a Federación Galega de Bolos celebra a súa VI Gala do Deporte no salón de actos da Casa de Cultura de Mañufe (Gondomar) no lugar de Moreira número 20, na que se entregaran trofeos e diplomas das tempadas 2020 (ese ano non se celebrou pola pandemia) e 2021.

Dende a Federación Galega queren felicitar a todos os xogadores e clubs premiados e ao mesmo tempo invitalos a participar na citada gala, sempre que a pandemia conceda unha tregua.

Dar as grazas ao club de bolos Camos por prestar as súas instalacións deportivas e por último desexarlle unhas felices festas e un ano novo cheo de éxitos a todos os clubs e xogadores afiliados a esta Federación.