Nigrán abre o prazo de inscrición para a Ludoteca de Nadal 2021

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza como cada ano a “Ludoteca de Nadal 2021” co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. O campamento ten un custe de 10 € e está destinado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e desenvolverase dende o día 22 de decembro ata o día 5 de xaneiro en horario de 9:00 a 14:30 horas. O período de inscrición comeza o día 29 de novembro e finaliza o día 9 de decembro. A ludoteca terá lugar no Colexio Humberto Juanes. Os formularios de inscrición poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, na Oficina de Atención Cidadá ou descargarse na Sede Electrónica http://sede.nigran.org/. Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse á Oficina de Atención Cidadá no teléfono 986 365000 ou no correo electrónico cim@nigran.org.