Nova edición do certame “Decorando Baiona no Nadal”

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Estelas, S.L., premio á mellor decoración interior.

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, xunto coas asociacións de empresarios do municipio; Aceba, Coemsa e Ovalmi, convoca unha ano máis o certame de decoración de Nadal para os establecementos da vila. A finalidade deste certame é potenciar e incentivar a decoración de fachadas, escaparates e o interior dos establecementos comerciais de Baiona durante a campaña de Nadal e así, incentivar o comercio local.

Valorarase a decoración das fachadas, dos escaparates e o interior dos establecementos, establecéndose os seguintes premios:

• 1º premio dotado con 500€
• 2º premio dotado con 300€
• 3º premio dotado con 200€

As solicitudes de participación poderán presentarse pola Sede Electrónica do Concello de Baiona ou na oficina de Rexistro ata o 7 de decembro de 2021, e as decoracións deberán permanecer expostas nos establecementos como mínimo dende o 3 de decembro de 2021 ata o 7 de xaneiro de 2022.

Máis información na Concellería de Cultura do Concello de Baiona, no teléfono 986385921, ou nas asociacións de empresarios do municipio.