A Área Sanitaria de Vigo retoma os cribados poboacionais

A próxima semana a Área Sanitaria de Vigo retomará os cribados poboacionais á poboación asintomática. Así, o luns 22, en xornada de tarde, o martes 23 e o mércores 24 (durante todo o día) estará dispoñible o Punto de Atención Móbil (PAM), emprazado fronte ás instalacións do RC Náutico de Vigo, para facer a proba PCR a toda a persoa que o desexe. Ademais, vaise realizar un cribado específico aos traballadores do Porto de Vigo.

Posteriormente, reiniciarase tamén a programación de novos cribados diarios á poboación, segundo as áreas de referencia dos centros de saúde, mediante o sistema de citas.

En relación co proceso de vacinación que hoxe reiniciouse no IFEVI, ademais do grupo etario de 70-79 anos que está sendo citado para inocular a 3ª doses, a partir do luns tamén haberá no IFEVI entrada libre (sen cita) para todas aquelas persoas que nunca se vacinaran ou carezan da pauta completa.