A ópera “La Bohéme” de Puccini soará esta fin de semana en Gondomar

A ópera “La Bohéme” representarase este sábado no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, dentro da programación de “Gondocultura Outono”, que tamén contempla a proxección da película “A viaxe de Leslie”, dentro do ciclo de cinema galego que se está desenvolvendo este trimestre desde o departamento de Cultura.

Dúas novas citas na axenda cultural de Gondomar que arrancan este venres 12 de novembro cunha nova cita co cinema galego, concretamente, ás 21:00 horas. No Auditorio Lois Tobío proxectarase a película “A viaxe de Leslie”, do realizador galego Marcos Nine, galardoada cun Mestre Mateo e seis nomeamentos aos Goya.

Servíndose de documentais da época e películas do actor de “Lo que el viento se llevó” dá forma ás distintas hipóteses que xurdiron tras o accidente de avión no que faleceu en 1943, cando o seu voo, que cubría o traxecto Lisboa-Londres, foi derrubado por cinco cazas nazis a 100 millas da costa coruñesa de Cedeira.

O sábado 13 será a quenda para a ópera, concretamente, para a representación de “La Bohéme”, obra mestra de Luca Giacomo Puccini, de catro actos e cuxo éxito se mantén firme ao longo dos séculos, sendo un dos títulos máis exitosos e representados da historia.

Chega a Gondomar da man de Camerata Lírica, e coa dirección musical de Tatiana Studyonova e a dirección artística e de escena de Rodolfo Albero, e poderase gozar a partir das 21:30 no Auditorio Lois Tobío.

Máis información: hptts://taquilla.concellodegondomar.gal.