Os baioneses David González e Cristian Suárez acoden ao Torneo Villa de Gijón

A Federación Galega de Loita e D.A. acudirá ao torneo Villa de Gijón de Loitas Olímpicas, que terá lugar o vindeiro sábado 13 de novembro en Gijón. Este histórico torneo, será parte da preparación dos nosos deportistas de cara aos vindeiros compromisos nacionais. Os responsables da actividade serán Marcos Miragaya e Rubén Méndez Lois, que dirixirán a:

61: DAVID GONZÁLEZ SILVA do Club de Loita Sabarís.
70: YASSINE FOUZI do Club Keltoi de Vila de Cruces.
79: SAÚL BELLO do Club San Ignacio e CRISTIAN SUÁREZ do Club de Loita Sabarís.

72 LF: NEREA PAMPÍN do Club Keltoi de Vila de Cruces e UXÍA BREA do Club de Loita Pontevedra.

48: VOLODYMYR DATSENKO do Club Keltoi de Vila de Cruces.
62: JOSE VÁZQUEZ do Club Keltoi de Vila de Cruces.
+80: IAGO FERNÁNDEZ do Club de Loita Pontevedra e ÁLEX SILVA do Club Keltoi de Vila de Cruces.