Podemos Nigrán avisa das subvencións para as entidades de protección animal do ano 2021

Podemos Nigrán quere advertir da existencia dun prazo de 15 días, desde o día de hoxe, para as subvencións para as Entidades de Protección Animal do ano 2021. Esta axuda serve para que se beneficien as entidades de protección animal sen ánimo de lucro legalmente constituídas, non pertencentes ao sector público, de nacionalidade española e con residencia fiscal en España, cuxos estatutos establezan como fin principal, a protección e defensa dos animais.

Poderase conceder axuda aos seguintes gastos pola realización das actividades de protección animal:

– Os gastos en bens funxibles non inventariable para o desenvolvemento das actividades das entidades de protección animal, incluíndo a comida adecuada dos animais.

– Os gastos en identificación, tratamentos veterinarios, vacinacións, ou outras medidas profilácticas.

Desde o Círculo de Podemos esperan que con estas axudas a xestión destas entidades sexa máis desafogada.