O catedrático Francisco Bastida aborda a reforma da Constitución en Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Capitanía Marítima de Baiona acolle este xoves 17 de agosto ás 20:30 horas a sétima charla do VII Ciclo de Conferencias organizado polo Concello de Baiona. Neste caso o relator será Francisco Bastida, catedrático de Dereito Constitucional na Universidade de Oviedo, quen abordará o tema “A reforma da Constitución”.

O VII Ciclo de Conferencias, enmarcadas na programación do Baiverán 2017, reúne a nove catedráticos e profesores de catro universidades españolas na Capitanía Marítima (Rúa Elduayen, 20). Todas as charlas se celebran os xoves de xullo e agosto no mesmo escenario e á mesma hora (20:30 horas) con entrada libre e gratuíta.

O día 24 estará na Capitanía o musicólogo Manuel López-Benito para falar de “¿Por que a sinfonía Heroica de Beethoven cambiou o mundo sinfónico? Audición e análise”, e o día 31 pecharase o ciclo coa conferencia de Fernando Bartolomé Benito, catedrático de Literatura Española, con “O ano do Conde Diego Sarmiento, Conde de Gondomar no seu IV Centenario (1617-2017)”.

Anuncios