
A defensa do medio ambiente e a loita contra o cambio climático é cousa de todos e todas. Dende o goberno de Gondomar segue a traballarse nesta idea coa programación de actividades dirixidas a distintos ámbitos, e especialmente á mocidade, que responde moi ben.
Dende o Concello facen chegar os seus parabéns ao alumnado e comunidade educativa do CEP Neira Vilas pola iniciativa “Martes Verdes”, dedicada á recollida de lixo da contorna e de produtos naturais, e na que participaron os mozos e mozas. Durante a hora que durou a saída, os alumnos recolleron 36,8 kg de lixo.
Aproveitaron para pedir con carteis que non se tire lixo, porque xa o ano pasado recolleron 20 kg. Logo aproveitaron para facer cos produtos naturais recollidos unhas mandalas para manifestar que non todo é lixo e o noso deber é coidar a natureza.