
Alfonso Rueda proclamouse na tarde do sábado presidente provincial do PP de Pontevedra co apoio do 98,13% dos votantes. Tras coñecer o resultado, o novo líder popular amosouse “agradecido polo apoio, e ofreceu experiencia, traballo, ilusión e a unidade do partido para os próximos anos”.
Durante a súa intervención, apelou tamén á cohesión do partido. “Sabémolo facer mellor que ninguén, é fundamental coller potencia e demostrar todo o que somos”, sinalou. Como reto, apuntou que o obxectivo “é recuperar todo o perdido e manter todo o que temos”. Recordou que ao Partido Popular só lle vale ganar con maioría, porque do contrario non goberna. “É o único que lle vale ao Partido Popular, e imos traballar para garantir gobernos estables e de crecemento en todos os concellos. Seguimos sendo referentes nesta provincia, e por iso temos que facer as cousas ben. Estar á altura, que nos colla preparados”.
Con respecto á nova executiva, prometeu compromiso e dedicación, poñerse a disposición das 61 xuntas locais do partido. Política de proximidade, de ti a ti, falar e sobre todo escoitar o que teñen que dicir. “Supón unha renovación do 73%, pero o máis importante é que suman, non exclúen a ninguén. É un equipo moi bo, pero o máis importante é que está disposto a traballar”.
Nidia Arévalo será a vicepresidenta e Luis López ocupará o cargo de Secretario Xeral. Os vicesecretarios serán Jorge Cubela, María Ramallo, José López, Telmo Martín, Marta Fernández-Tapias, José Crespo, Pepa Pardo e Alejandro Lorenzo.
Ana Simóns será a nova coordinadora comarcal do Val Miñor, tomando a substitución de Jesús Vázquez Almuiña, ex alcalde de Baiona, ex conselleiro de Sanidade e actual presidente da Autoridade Portuaria de Vigo. Roberto Álvarez será o coordinador comarcal do Baixo Miño, Fernando Pérez de Caldas-Umia, Marta Valcárcel do Condado, Román Rodríguez do Deza, Julio García-Luego da Paradanta, Alberto Acuña de Pontevedra, Javier Tourís do Salnés, Valentín García de Tabeirós, Julio García de Vigo e Elena Estévez do Morrazo.
Finalmente, Corina Porro, Rafael Domínguez, Elena Suárez, Ana Pastor, Daniel Benavides, Antonio Martiño, Eloisa Nogueira, Begoña Blanco, Teresa Egerique, Diego Gago, Guillermo Juncal, Cristina Correa, José Alberto Pazos, Mª Isabel Couselo, Agustín Reguera, Lourdes Baños, Ana Cristina Pérez, Ángel Moldes, Mª Carmen Seijas, Sabela Fole, Natalia Prieto, Pio Millán, Raúl Santamaría e Laura Vilar serán los vocales.
Rueda recordou como nestes días de campaña cos compromisarios do partido sentiu optimismo, gañas de volver a verse, e sobre todo de traballar e reactivar esta provincia. Asemade, tivo un recordo a todos os afiliados, preto de 30.000 en toda a provincia, “unha maioría silenciosa fundamental para o Partido Popular, que sempre está aí e traballa a cambio de nada”.
Por último agradeceu a labor de Jose Manuel Cores Tourís durante os últimos anos como secretario do PP de Pontevedra, unha persoa que “estivo en todos lugares, percorreu a provincia, e traballou de xeito comprometido polo partido provincial”.