Urbano Sotelo e Pedro Lago, dos clubs Camos e Estivada, campións de España de bolo celta por parellas

O domingo xogáronse en Tineo, Asturias, os Campionatos de España de bolo celta por parellas en categoría xuvenil e veteranos. Os resultados foron os seguintes:

Categoría Xuvenil:

  • Campións de España: Javier Alonso de bolos Xove e Valerio de Tineo-Asturias.
  • Subcampións: Jaime Rodríguez e Ángel Mon de Tineo-Asturias.
  • Terceiros: David Pintos de bolos San Miguel e Carlos García de Tineo.
  • Cuartos: Ismael Torres de bolos San Cibrán e Martín González de bolos Estivada.

Categoría Veteranos:

  • Campións: Urbano Sotelo de bolos Camos e Pedro Lago de bolos Estivada.
  • Subcampións: Alberto Rodríguez de bolos Xunqueira e Alfredo Campos de centro Asturiano de Madrid.
  • Terceiros: José R. Martínez de bolos Portameán e José Rodríguez de bolos Mañufe.
  • Cuartos: Victorino Cibea de Cangas de Narcea e Ángel Paz de bolos Mañufe.

O próximo fin de semana xogaranse os campionatos nacionais individuais de primeira categoría na quinta do centro Asturiano de Madrid e o de segunda categoría en Tineo-Asturias.