
Os Socialistas de Oia veñen de presentar por rexistro de entrada unha moción na que piden que se esclareza a titularidade do Faro Silleiro, tendo en conta que fai non moito tempo o Concello de Baiona fixo alí actividades e obras anunciadas en prensa.
No pleno do 29 de novembro de 2018 se acordou por unanimidade iniciar a tramitación dun expediente para o deslinde entre o Concello de Oia e Baiona, debendo designarse una comisión formada pola alcaldesa e tres concelleiros da corporación xunto coa secretaria e un perito que designe o concello para verificar a operación a realizar, pero despois de tres anos non se tivo notificación de acción algunha ao respecto, nin expediente, nin comisión.
É por elo que os Socialistas de Oia veñen agora a solicitar que Cristina Correa, coma Alcaldesa de Oia, informe ante o pleno municipal das xestións realizadas ao respecto sobre este expediente de deslinde, así coma a designación da comisión. De igual xeito solicitan que o pleno adopte o compromiso da defensa da titularidade de Faro Silleiro por parte do Concello de Oia.
Os Socialistas de Oia queren que se adopten as medidas necesarias para deixar claro que o Faro de Silleiro está situado en terreos pertencentes ao Concello de Oia, concretamente na parroquia de Mougás, como se pode demostrar polos diversos documentos existentes.