Nigrán abre un novo prazo para solicitar axudas á compra de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso

O Concello de Nigrán abre desde este martes 3 de agosto ata o luns 23 de agosto un novo prazo para solicitar axudas municipais en Educación Infantil para a adquisición de libros de texto ou material escolar no curso 2020/21 (extracto publicado no BOP de onte e penduradas na web municipal en Sede Electrónica). Coma en anos anteriores, a contía máxima é de 65 euros por cada crianza e mantense o requisito indispensable de que os beneficiarios sexan unidades familiares empadroadas no municipio e con fillos matriculados en centros públicos de Nigrán en Educación Infantil no curso 2021-2022.

Para presentar as solicitudes requírese cita previa no teléfono 986.365.000 no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán, encargado da tramitación. Os beneficiarios deben estar ao corrente do pago das taxas e impostos municipais e non superar o límite de recursos establecido (toda a información está contida nas propias bases, en Sede Electrónica).