Concerto de Los del Barro no Centro Cultural de Baredo

A banda rock Los del Barro ofrecerá hoxe venres, día 16 de xullo, un concerto no Centro Cultural de Baredo ás 22:00 horas. Los del Barro, formados no 2009, é unha banda baionesa reputada na escena do Val Miñor e arredores. Grupo directo e sen andrómenas, que farán gozar aos asistentes das súas “versións canallas” de rock, rumba e pop.