Sanidade reitera a importancia de acudir aos cribados para frear a propagación da covid

O secretario xeral técnico da Conselle-ría de Sanidade, Alberto Fuentes Losada, insistiu hoxe, na rolda de prensa convocada para informar dos acordos do comité clínico reunido no día de onte, na importancia de que a cidadanía asista aos cribados para frear a propagación da covid. Pola súa parte, a directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán Parrondo, subliñou que, na actualidade, a incidencia acumulada en Galicia a 7 días sitúase en 32 casos por 100.000 habitantes e a 14 días en 54,5 casos. A directora xeral dixo que, respecto da semana pasada, se observa un incremento da incidencia, que non é abrup-to pero sí paulatino e continuado.

Respecto da porcentaxe de probas positivas, Carmen Durán dixo que sitúase en Galicia no 2,68%, o que vén supoñer a metade do 5% que pide a Organización Mundial da Saú-de para declarar a situación controlada.

Tamén referiu a directora xeral a importancia de seguir intensificando os cribados e, ao respecto, a Consellería de Sanidade xa ten establecidos cribados para esta semana, nos que se citarán a máis de 11.000 persoas. Neste senso, e ao igual que fixo o secre-tario xeral da Consellería, pediu a colaboración das galegas e galegos para que acudan cando sexan citados para, deste xeito, detectar contactos dunha maneira eficiente.

Carmen Durán agradeceu o traballo realizado polas oficinas de farmacia nas tarefas de cribado. Así, xa se levan realizadas, a través da cooperación cos colexios farmacéuticos das catro provincias galegas, máis de 100.000 probas, nas que se detectaron 308 posi-tivos.

Respecto das novas variantes, informou que segue a predominar a británica, cun 75%, e 760 casos secuenciados.

Respecto do brote de Baleares, a directora xeral dixo que xa son 155 as persoas positi-vas relacionadas co mesmo, das áreas sanitarias da Coruña (19), Lugo (14), Ourense (4), Pontevedra (103), e Vigo (15), e 550 contactos. Do avión que chegou onte a Santiago procedente das Illas, e no que viñan os estudantes galegos, fixéronse no aeroporto 86 PCRs, das que 49 resultaron positivas (33 entre os estudantes e 16 das realizadas aos outros pasaxeiros do avión).

Situación asistencial

Na rolda de prensa para informar dos acordos do comité tamén falou o xerente do Ser-gas, José Flores Arias, quen destacou o alto nivel de satisfacción da campaña de vaci-nación, agradecendo o traballo de todo o persoal implicado na mesma.

Respecto da situación nos hospitais, o xerente dixo que o grao de ocupación nos anda-res de hospitalización relacionados coa covid sitúase no 0,7%, e a porcentaxe de ocu-pación en camas covid de UCI é do 2,24%.

Informou, así mesmo, de todas as opcións que os cidadáns galegos teñen para obter o certificado de vacinación, xa sexa nos propios puntos de vacinación ou nos centros de saúde, así como a través dos dispositivos electrónicos por medio de Chave365. O nú-mero de usuarios aos que se activou Chave365 é de 474.000, e os certificados xerados sitúanse ao redor dos 300.000.

A doutora Marina Varela, membro do comité clínico, destacou o incremento de casos, especialmente na área de Pontevedra asociados ao brote de Baleares, pero incidiu en que non hai aumentos preocupantes a nivel hospitalario, e insistiu en que a poboación non vacinada extreme as medidas de prevención (distancia, lavado de mans e uso da máscara).