Afaga, San Xoán e os maiores de Baiona

Desde principio de ano no Concello de Baiona desenvólvese o programa “Estimulación Terapéutica” organizado pola asociación Afaga. Nesta ocasión queren transmitir a todos os veciños e veciñas os seus coñecementos baseados na tradición por mor da celebración do día de San Xoán.

Os maiores asistentes a dito programa, xunto cos monitores, desfrutaron dunha xornada lúdico educativa na que compartiron experiencias e tradición deixándonos como mostra do seu traballo o colaxe que anexamos a estas verbas.

O Alcalde, Carlos Gómez, e a concelleira de Servizos Socias, a Concepción Vara, inciden unha vez máis que devolver aos veciños e veciñas seus dereitos, crea unha riqueza exquisita para o pobo de Baiona, como así o amosan todos os programas novos postos en marcha e que a cidadanía viña solicitando.