A Praza de Abastos de Baiona acolle o seu Primeiro Encontro de Mercados

A Praza de Abastos de Baiona organiza o seu Primeiro Encontro de Mercados en colaboración coa Ribeira Sacra os días 29 e 30 de maio, onde a temática principal céntrase en ofrecer produtos e actividades que entrelacen ambos os dous territorios. Durante a fin de semana realízase un foro de gastronomía e turismo moderado polo presentador Rafa Durán, que conta coa participación do alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e o presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Luis Guitián, así como outros relatores relacionados co sector. Nel tratáronse temas como as claves para un novo escenario turístico, a gastronomía e a cultura, e as perspectivas e retos dos destinos.

Ao longo do evento celébrase unha cata de viños e un túnel do viño, que gozan de adegas como Proencia, Condado Sequeiras, Casa Moreiras, Vía Romana, Regina Viarum, Adobe Rectoral de Gundivós, Marcelino I, Viña Canceliño-Peon e A Moucha.

Pola súa banda, unha gran variedade de produtores da Ribeira Sacra contribúen con queixos, galletas, mel, bicas ou licores para realizar os menús degustación. Entre eles, Mel do Castro, Quesos Arias Muñiz, Quesos Touza Vella, Galletas Daveiga, Galletas Xiana, Bicas Malena o Licores Ecos da Pedra. Tamén contan con olería propia da Ribeira Sacra da man de Alfarería Rectoral de Gundivós. Ademais, todos eles terán a oportunidade de continuar á venda no mercado da Praza de Abastos despois deste encontro.