Sin categoría

Dous feridos tras chocar co seu coche contra dous sinais en Priegue

Dúas persoas resultaron feridas logo de que un turismo colidira contra dúas sinais no quilómetro 7 da PO-552, á altura dunha rotonda da parroquia de Priegue, en Nigrán. Foi un particular quen alertou ao CIAE-112 Galicia desta saída de vía, contra as 21:10 horas do martes. O coche implicado chocou contra dúas sinais e acabou enriba da beirarrúa. Desde o 112 Galicia informouse aos servizos de mantemento da estrada.