Jose Ángel González Goce, presidente da nova Xunta Directiva de OVALMI

O pasado 30 de marzo celebrouse a Asemblea Xeral Anual da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), na cal se ratificou a renovación da súa Xunta Directiva. Levado a cabo o traspaso de funcións á nova Xunta Directiva de OVALMI, José Ángel González Goce, propietario da Jamonería Serrano, tomou posesión como novo presidente de OVALMI, deixando a vicepresidencia que ostentou durante varios anos, de forma consecutiva. A Xunta está composta polo presidente e 12 membros, que representan a todos os sectores que conforman a Asociación.

Vicepresidente 1º
Jose Manuel Durán Asorey – Restaurante Eladio

Vicepresidente 2º
Francisco Rodríguez – Restaurante La Galería

Secretaria
Ana Isabel Penedo Villa – Hotel Arce

Tesoureiro
Nieves Loperena de Saa

Vocais
Carmen Franco Iglesias – Tejidos y Novedades Carmen
Esther Lorenzo Rajo – Café Bar Estanco Gondomar
Roberto Fernández Pino – Estabiliza Acústica, S.L.
María Teresa Pedreira Prieto – Abogada
Javier Corbacho – Enxeñería e Consultoría De-Management, S.A.
Eladio Pérez – Bocatería Lalos
Amador Domínguez Fariñas – Cafetería Venus
José Gómez Vázquez – Copreforvi

O novo presidente marcou desde o principio do seu mandato unhas liñas xerais polas cales se rexerá o funcionamento de OVALMI, co fin de conseguir unha asociación máis grande e unida, que vele polos intereses de todos os seus asociados, tanto nos momentos de abundancia como na situación actual tan complicada á que se están enfrontando todos os negocios, independentemente do sector ao que pertenzan.

OVALMI e co seu novo presidente á fronte, agradecen a José Luis Froiz Espiño, por todos os anos que dedicou á presidencia desta asociación e polo seu gran labor.