Sin categoría

Suspéndese o VI Tríatlon Atlántico de Baiona

Desde a organización do Tríatlon Atlántico de Baiona informaron este martes que decidiron suspender a VI edición da proba, cuxa celebración estaba prevista para o día 6 de xuño de 2021. “Debido á situación de incerteza actual, derivada da evolución incerta da pandemia, estimamos que esta é a mellor opción, renunciando así a recolocar a proba en calquera outra data deste ano 2021, co fin de non colapsar o calendario”.

Así mesmo, afirmaron que esperan retomar o evento o próximo ano. “Se se dan as circunstancias adecuadas, a nosa intención é preparar a VI edición para o ano 2022, manexando como data probable o 5 de xuño (primeiro domingo de xuño). Sentimos moito ter que tomar esta decisión, pero parécenos o máis oportuno, ao non poder garantir a celebración da proba, nas circunstancias que nos gustaría”.