Falecen dúas usuarias da Residencia Vila do Conde de Gondomar con Covid-19

Dúas usuarias da Residencia Vila Conde de Gondomar que foran diagnosticadas por coronavirus faleceron este domingo no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Segundo informou a Consellería de Sanidade, trátase de dúas mulleres, de 91 e 84 anos respectivamente, con patoloxías previas. No día de hoxe faleceron un total de 7 persoas con Covid-19. Ademais das dúas usuarias do centro de maiores de Vilaza, morreu unha muller de 95 anos no Hula, outras tres mulleres, de 93, 83 e 84 anos, no Chuvi, e unha muller de 95 anos na Residencia San Antonio de Beariz. Hai unha semana alcanzáronse os 132 positivos na residencia gondomareña, con 110 usuarios afectados do total de 120 e 22 traballadores contaxiados.