“Mantemos a mesma iluminación que o ano pasado porque é importante para o comercio local”

O Concello de Nigrán acendeu este mércores o alumeado de Nadal nunha xornada na que se estivo proxectando en bucle desde as 17:00 ás 20:00 horas no Auditorio Municipal unha mensaxe sorpresa dos Reis Magos aos nenos e nenas de Nigrán. Trátase dun vídeo de 2 minutos de duración elaborado ex profeso desde Oriente por Melchor, Gaspar e Baltasar para a infancia de Nigrán, a quen as Súas Maxestades desexan comunicar de viva voz os seus plans para o 5 de xaneiro no municipio.

“Dedicamos este día do acendido aos nenos e nenas de Nigrán cunha mensaxe moi especial que nos enviaron para eles desde Oriente as Súas Maxestades. Sempre festexamos este día e este ano non quixemos deixar de facelo, simplemente buscamos unha alternativa axeitada ás circunstancias”, incide o rexedor, Juan González, quen recalca que o goberno local non considerou retirar o alumeado nestas festas ao ser un Concello con superávit nas contas. “Mantemos a mesma iluminación que o ano pasado porque é importante para o comercio local ter as rúas con vida e xerar un clima festivo que nos axude a desconectar, a infancia tamén o merece”, explica.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.