Nigrán inicia a instalación de nove novos bancos de pedra en diferentes espazos públicos

O Concello de Nigrán iniciou esta semana a instalación de nove novos bancos de soporte en granito e asentos de madeira ao carón do Cemiterio do Ceán, na Praza da Carrasca, na Ramallosa (no novo espazo axardinado de Manuel Lemos) e, proximamente, fronte a Casa do Concello.

O novo mobiliario fabricado ex-profeso para o consistorio conta con dous deseños diferentes, compartindo ambos unhas dimensións de 2’5 metros de longo e o soporte en pedra co logotipo “Nigrán” gravado na mesma, ademais de dispor de asentos en listóns de madeira.

Tanto no Cemiterio do Ceán como na Praza da Carrasca, os bancos veñen a completar as recentes humanizacións da contorna realizadas desde o Concello e, na Ramallosa, unha das pezas está situada ao carón do novo xardín de Manuel Lemos. Os restantes serán situados nos vindeiros días fronte a Casa do Concello.

“Todos serán colocados en espazos urbanos onde habitualmente transitan moitos veciños, favorecendo así os puntos de encontro e creando con elo un Nigrán máis amigables para as persoas”, resume o alcalde, Juan González.