Un condutor sálvase de caer ao río en Ramallosa

Coa chegada das primeiras choivas hai que ter especial coidado coa adherencia do asfalto, que se pode volver moi esvaradío debido aos restos que se acumulan na estrada durante épocas carentes de precipitacións. Na mañá de onte un condutor novel levou un bo susto mentres circulaba pola ponte da Ramallosa. Por motivos que se descoñecen perdeu o control do seu coche e acabou encima da beirarrúa en dirección Nigrán, salvándose por pouco de caer ao río Miñor.