Abraham Rodríguez e Diego Pérez revalidan o título de campións de España de bolos celta por parellas

FOTO: FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS // Abraham Rodríguez e Diego Pérez.

Esta fin de semana xogáronse nos campos de bolos de Camos (Nigrán) os Campionatos de España de bolo celta, modalidade por parellas de primeira e segunda categoría. Participaron un total de 24 parellas das comunidades de Asturias, Galicia e Madrid. A parella de bolos Sobreiro formada por Abraham Rodríguez e Diego Pérez revalidou título en primeira categoría. A parella de bolos Baredo formada por Daniel Álvarez e Gonzalo Pérez proclamouse campioa en segunda categoría. A clasificación final foi a seguinte:

PRIMEIRA CATEGORÍA:

Campións: Abraham Rodríguez e Diego Pérez do club de bolos Sobreiro de Borreiros (Gondomar).
Subcampións: Andrés García e David García do club La Panera de Cangas del Narcea (Asturias).
Terceira: Isidro Costas e Sergio Fernández do club de bolos Camos (Nigrán).

SEGUNDA CATEGORÍA:

Campións: Daniel Álvarez e Gonzalo Pérez do club de bolos Baredo (Baiona).
Subcampións: Laureano Miniño e Xose Sequeiros do club de bolos Baredo (Baiona).
Terceira: Matías Rajo e Carlos Silva do club de bolos Rega (Baiona).

O vindeiro fin de semana xogaranse nos mesmos campos os Campionatos de España individuais de primeira e segunda categoría.