15 persoas contaxiadas por Covid-19 tras dúas xuntanzas xuvenís en Vigo e Val Miñor

A Área Sanitaria de Vigo vén de rexistrar un novo brote de Covid-19 asociado a dúas xuntanzas xuvenís de ata 20 persoas en dous domicilios particulares, en Vigo e Val Miñor.

Nestes momentos estase procedendo ao rastreo dos contactos e cribaxe dos mesmos. Polo de agora, hai 15 casos confirmados (entre os mesmos mozos e algúns do seus contactos e familiares) aínda que non se descarta o incremento do número dos positivos.

Desde o Sergas lémbrase aos mozos e mozas a necesidade de cumprir coas medidas de seguridade e distanciamento social imprescindibles para evitar a infección do virus e a súa transmisión.