Sin categoría

Arranca a campaña de conservación e reforzo de firme na autoestrada Puxeiros-Val Miñor

Esta semana arranca a campaña de conservación e reforzo de firme nas autoestrada autonómicas A Coruña-Carballo (AG-55) e Puxeiros-Val Miñor (AG-57). As obras comezarán mañá na autoestrada AG-55 e prolongaranse ata o vindeiro día 18 de setembro, sempre que as condicións climatolóxicas sexan as adecuadas para este tipo de traballos. O vindeiro luns, día 7 de setembro, está previsto o inicio das actuacións na AG-57, programadas para executarse en 5 xornadas, ata o venres día 11.

De acordo coas tarefas de conservación sistemática que se realizan nestas dúas autoestradas, procederase á rehabilitación superficial, adaptada ás necesidades concretas de cada treito, empregando microaglomerados en frío pola súa función da mellora da macrotextura e a resistencia ao esvaramento. Ademais, traballarase no reforzo estrutural dos puntos nos que se detectou esa necesidade, co fresado e a reposición con mesturas bituminosas en quente.

Autoestrada do Val Miñor

En canto ás actuacións de rehabilitación estrutural programadas na autoestrada do Val Miñor, traballarase no tronco, nun total de sete puntos localizados: seis deles entre Vincios e Rebullón, e un no tramo entre Baiona e Vincios, sentido decrecente.

Tamén se realizarán actuacións de fresado e reposición de firme en dous puntos do ramal da AG-57 no tramo Vincios e Rebullón.

As obras estarán debidamente sinalizadas e para minimizar a afección ao tráfico os cortes serán de carril, salvo puntualmente nos ramais nos que se actúa.