O Laroca A cuarto clasificado na Copa Galicia de Clubs

Este domingo celebrouse no Hotel Scala de Padrón a Copa Galicia de Clubs na categoría absoluta. O Club de Xadrez Laroca desprazou dous equipos, realizando un gran torneo, no que incluso houbo enfrontamento entre eles na quinta rolda, con vitoria para o Laroca A por 2,5 a 1,5.

O Laroca A, composto por Breixo, Artai, Tino, Fran e Ricardo, partindo da posición 15 na clasificación xeral, rematou o torneo na cuarta posición da xeral empatado a puntos co segundo e terceiro clasificado a 11 puntos, dos 14 posibles, con cinco vitorias, unha derrota ante o terceiro clasificado e un empate na derradeira rolda ante o segundo clasificado.

Pola súa banda o Laroca B, composto por Patricio, Chema, Lino, Jorge e Samuel, remataron no posto 22, partindo do posto 27 da clasificación xeral con 6 puntos dos 14 posibles, con tres vitorias e catro derrotas.

O torneo foi gañado polo equipo Círculo Ferrolano de Ajedrez A con 12 puntos, quedando segundo o Club Xadrez Rianxo e terceiro Club Deportivo Xadrez Ourense Sénior.