O Partido Popular de Gondomar considera unha necesidade primordial a aprobación do Plan Xeral que dote ao concello dunha ferramenta primordial para o futuro dos veciños, por iso non entenden que despois dun ano de lexislatura non se convocase a Comisión Informativa Especial de Asesoramento e Seguimento do PXOM.
O pasado 12 de agosto o Alcalde anunciou polos medios que viña de remitirse á Xunta de Galicia o borrador do Plan Xeral para o informe medioambiental sen que ningún membro da oposición tivese coñecemento do mesmo nin fose sometido ao informe da Comisión do PXOM creada ao comezo da lexislatura para tratar todos os asuntos que teñan relación co mesmo. Por este motivo a voceira do Partido Popular de Gondomar vén de presentar por rexistro unha moción para debater no próximo pleno que debería celebrarse o 3 de setembro.
Paula Bouzós acusa ao alcalde de falta de transparencia e diálogo cos demais membros da Corporación Municipal nun tema tan importante e vital para o futuro de Gondomar, tratando de usar o PXOM como arma política.

