O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de verán “Nigrán, equilibrio natural”, ofrece este domingo ás 12:00 horas na Alameda de A Ramallosa (non ás 21:00 horas, como inicialmente se anunciou) o concerto da Banda de Música do Val Miñor. Coincide así coa celebración do festival da cervexa artesá Val Miñor Fest, que pecha este domingo a súa cuarta edición.
Concerto da Banda de Música do Val Miñor na Ramallosa

