“Running: Unha Suorenta Comedia” en Gondomar

O sábado 8 de agosto poderemos gozar da última comedia de De Ste Xeito Producións, “Running: Unha Suorenta Comedia De Ste Xeito”. O lugar da cita será a Praza Paradela de Gondomar ás 22:00 horas, dentro do programa “Cultura de Verán” organizado pola Concellería de Cultura. A actividade será de acceso gratuíto pero con acceso limitado.

Stephy Llaryora e Sergio Macías son os protagonistas desta nova historia de “amor” e de “humor” da directora e dramaturga Esther Carrodeguas. Unha historia, en grao sumo actual, que retrata con ton grotesco a posible realidade “familiar” actual e as complicadas relacións de parella, dentro dunha sociedade que nos empuxa a ter unha vida atarefada, sobreinformada e caótica. Queda algún oco para o amor?