Gondomar pon en marcha a rehabilitación do antigo centro de saúde do municipio

Danse os primeiros pasos nos traballos de reforma e acondicionamento do antigo centro de saúde de Gondomar para poñer en marcha, en canto sexa posible, a reestruturación dos departamentos do Concello anunciados no seu momento polo rexedor, Paco Ferreira.Tal e como adiantou no seu día o alcalde, cando se procedeu ao traslado do centro de saúde ás súas actuais dependencias en As ánimas, iniciará a súa rehabilitación e adaptación de espazos para trasladar a el diferentes departamentos que se situarán nun mesmo lugar “para facilitar aos cidadáns a súa xestión diaria cando se achegan ao consistorio”.Inicialmente está previsto que os departamentos de Urbanismo, Patrimonio e Vivenda se trasladen á planta primeira do edificio, mentres que a inferior será utilizada polo Servizo de Benestar Social e a Concellería de Igualdade, actualmente na Casa da Cultura.A nova configuración proposta polo goberno busca adaptar as dependencias municipais á normativa de accesibilidade vixente así como a eliminación de barreiras arquitectónicas existentes que impeden un uso axeitado e cómodo para todos os usuarios.É o caso das dependencias de Servicios Sociais e Igualdade cuxos accesos estreitos e con escalóns dificultan que se poida entrar cunha cadeira de rodas, situación similar que se rexistra en Urbanismo, onde unha escaleira de caracol interior para acceder a algún departamento, convértese nun obstáculo importante para persoas coa mobilidade reducida.Precisamente no proceso de adaptación ás normas de accesibilidade vixentes contémplase tamén nun futuro un novo emprazamento do actual Rexistro Xeral, sito na planta baixa do consistorio, para poñer fin ás dificultades que teñen moitos veciños/as á hora de acceder ao concello polas escaleiras de entrada, ante a imposibilidade de construír unha rampla adaptada.