Sin categoría

Baiona honra a José Trigo Pereira “Seso” no seu 102 aniversario

José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como “Seso”, recibiu unha homenaxe do municipio con motivo do seu 102 aniversario. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o seu recoñecemento organizado un acto no salón de plenos para facerlle entrega dunha placa conmemorativa do seu aniversario e desta maneira agradecerlle a súa dedicación e a súa vida na Vila.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, acompañado de varios concelleiros do seu equipo, participaron no acto realizado con afecto a un dos seus veciños máis lonxevos. Os representantes do consistorio felicitaron e agasallaron ao veciño en nome de toda a cidadanía baionesa. Este evento foi unha oportunidade para recoñecer a vida e o legado de “Seso”.

O pasado 1 de maio, José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como “Seso”, celebrou o seu aniversario número 102. Nacido o 1 de maio de 1922, “Seso”, que residiu no casco antigo de Baiona, preto da igrexa, foi testemuña de innumerables cambios ao longo dos anos, e o Concello de Baiona comprácese en recoñecer a súa longa vida.