Mitin de Galicia en Común no parque de A Ramallosa

Mañá martes ás 19:30 horas Galicia en Común-Anova-Mareas fará un acto público coa veciñanza no parque de A Ramallosa, despois de reunirse previamente coa Plataforma pola Protección da Foz do Miñor.

A este acto acoderá Antón Gómez-Reino (candidato á presidencia da Xunta de Galicia) xunto coas demais candidatas que encabezan a candidatura por Pontevedra, Eva Solla, Iria Figueroa e Marcos Cal. Ademais, tamén estarán presentes as candidatas e candidatos do Val Miñor: Carlos Vidal, María Nuria Andión, Xoán Álvarez e Antía Fernández.

A candidatura quere transmitir que estamos ante unha oportunidade única e que é o momento.