Nigrán apraza a celebración do primeiro certame internacional de corais de Galicia

O Concello de Nigrán apraza o I Certame Internacional de Música Coral Ars Canendi: As voces do Camiño previsto para o 27 de xuño no Templo Votivo do Mar (Panxón) ante as complicacións derivadas da crise sanitaria do Covid-19, o que impide a súa celebración. O Concello comunicará proximamente as novas datas previstas.

Este certame que o Concello convocou en febreiro constitúe o primeiro concurso internacional de Galicia e o segundo de España (Tolosa). O obxectivo é congregar anualmente nesta cita ás mellores formacións do país e do estranxeiro, xa que precisamente o sur das Rías Baixas reúne o maior número de coros de toda Galicia e, ao mesmo tempo, nesta comarca teñen xurdido nos últimos anos importantes formacións distinguidas con premios nacionais e que xa sitúan á musica coral da comunidade como referente en España.