O Laroca suspende o Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol

O Club de Xadrez Laroca, por mor do Covid-19 viuse obrigado á suspensión da novena edición do Torneo Dani da Rocha Prol, que se celebraría este sábado no Pavillón de Panxón dentro do circuíto galego de promoción.

No seu lugar organiza este sábado a partir das 17:00 horas un torneo en liña, aberto a todas as idades, na plataforma Lichess. O torneo será un suizo a 8 roldas a un tempo de 5+3, no que xa están máis de cincuenta xadrecistas inscritos, entre eles dous mestres internacionais.

Animan a todos os afeccionados ao xadrez a apuntarse a este torneo na seguinte ligazón. As inscricións estarán abertas ata a hora de comezo, para elo hai que rexistrarse na plataforma Lichess.

«Esperamos volver a vernos en Panxón o ano que vén», conclúen desde o club nigranés.

Anuncios