Nace a Plataforma Gondomar Fibra Xa!

Este sábado día 13 de xuño ás 11:00 da mañá na Praza da Paradela, diante da Casa do Concello de Gondomar, terá lugar a presentación da Plataforma Gondomar Fibra Xa!.

Esta plataforma nace, dado o inaceptable estado actual do acceso a internet no concello, co obxectivo de colaborar e apoiar ás entidades locais e especialmente ao goberno municipal na busca de solucións para o bloqueo existente actualmente no despregamento da fibra óptica, e así mesmo esixir ás empresas perceptoras das subvencións públicas o cumprimento dos traballos na totalidade do territorio de Gondomar.