Gondomar inviste 30.000 € na adquisición dunha furgoneta con remolque elevador

Desde esta semana o Servizo de Vías e Obras do Concello de Gondomar reforzarase coa adquisición dunha nova furgoneta de 9 prazas con remolque elevador, na que se investiron 30.0000 euros. Con este novo vehículo crece o actual parque móbil do Concello para dar servizo a todas as súas parroquias nas que desde hai xa unhas semanas iniciáronse os traballos de roza, paralizados a consecuencia do confinamento decretado pola alarma sanitaria.

Labores nas que se están empregando tres tractores de brazo mecanizado e persoal a pé para retirar a materia vexetal sobrante que se traslada posteriormente aos puntos acordados coas Comunidades de Montes das parroquias. Un proceso co que “apostamos pola reciclaxe dos materiais rozados para a súa conversión en compos e futura reutilización como abono, nun claro exemplo do que é a economía circular e sostible que perseguimos.”

Respecto a isto Paco Ferreira fai fincapé “en que durante o proceso de roza non utilizamos herbicidas nin produtos tóxicos para a contorna natural co fin de garantir a sustentabilidade do medio ambiente desde o inicio ata o final, conclúe o rexedor.

Anuncios