Gondomar contratará a 9 persoas a través do Plan Concellos

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

O goberno de Gondomar incrementará o seu persoal coa contratación de 9 persoas mantendo así a súa aposta polas políticas activas de emprego, que adquiren máis importancia neste momento que vive a nosa sociedade inmersa nunha desescalada “no que todas as medidas que potencien a creación de postos de emprego son máis necesarias que nunca”, manifestou o rexedor Paco Ferreira.

En total contrataranse 9 persoas, 1 técnico de turismo, 2 de condutores e 6 peóns de obras públicas. Os interesados deberán estar desempregados e rexistrados como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. Será a oficina de emprego a que confecciona a lista de candidatos/as para o proceso selectivo, que se poñerá en marcha o próximo día 1 de xuño.

Unha vez seleccionados o concello, con cargo ao financiamento do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, lles contratará por seis meses. “Mellorar a atención e cobertura das demandas dos nosos veciños é un dos nosos obxectivos, e para iso é fundamental dotar de máis recursos humanos a administración local, á vez que creamos novos empregos, sempre necesario”, explica o alcalde.

Anuncios