O Goberno transfire 26,44 millóns a Galicia para os programas de axuda do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, informou da transferencia de 26,44 millóns de euros á Comunidade para os programas de axuda do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) transferiu, de maneira adiantada, máis de 446 millóns de euros ás Comunidades Autónomas e ás Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla para a execución dos programas de axuda do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.

Desta maneira, no exercicio 2020, o importe total a transferir polo Ministerio ás Comunidades Autónomas para a execución do Plan estatal de Vivenda 2018-2021 ascende a 346.637.200 euros.

De acordo ao establecido na Disposición final novena do Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, adicionalmente aos 346 millóns de euros mencionados anteriormente autorizouse ao Mitma a dispoñer de 100 millóns de euros, con cargo ao Fondo de Continxencia.

O criterio para a súa repartición realizouse cos mesmos porcentaxes que se acordaron na Conferencia Sectorial de Vivenda, Urbanismo e Chan.

Co adianto destas cantidades, o Ministerio dota ás Comunidades Autónomas dos fondos necesarios para atender aos programas de axuda do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.

As administracións autonómicas teñen flexibilidade para decidir o importe para destinar en cada programa de axudas, como son o programa de axudas directas ás vítimas de violencia de xénero, persoas obxecto de desafiuzamento, sen fogar e especialmente vulnerables, o programa para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual, entre outros.

Así, o Goberno de España, a través do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, traslada os fondos para contribuír a facer efectivas as medidas aprobadas polo Real Decreto-lei 11/2020 e as Ordes Ministeriais TMA/336/2020 e TMA/378/2020, todas elas ditadas para brindar especial protección do dereito á vivenda, nun contexto de incerteza.