O Concello de Gondomar non se queda atrás e no seu percorrido inclúe a todos e todas. A aposta pola súa mocidade é un obxectivo que persegue continuamente a Concellería de Xuventude, promovendo actividades e poñendo ferramentas ao seu alcance, sen perder de vista as súas demandas e modas. Por iso a OMIX renova e actualiza a súa imaxe buscando achegarse aos valores dos rapaces como son a frescura, a vitalidade, dinamismo, diversidade…
Información fiable, próxima e exhaustiva, pasando por formación de calidade e permanente asesoramento individualizado ao que se engade unha oferta variada e innovadora de oportunidades, recursos, espazos e actividades se poñen a disposición diariamente a través da OMIX, que segue a traballar para atender as demandas dos mozos e mozas.