Nigrán concluíu hoxe a celebración dos “aniversarios de balcón” con 167 en total

O Concello de Nigrán concluíu este domingo 10 de maio a celebración dos seus “aniversarios de balcón” para os máis cativos e anciáns do municipio ante o inicio da fase 1 de desconfinamento este luns 11 de maio, cando xa se permitirá maior mobilidade e contacto social.

A iniciativa, que arrancou o Concello o 2 de abril co pequeno Gabriel, sumou ata hoxe 167 celebracións e unha voda, consistindo en convocar a través das redes sociais á veciñanza máis próxima para cantarlles e en desprazar a Protección Civil ao domicilio (asociación que deixou de participar o domingo pasado) para entregar un agasallo. A maiores, para os de 5 a 16 anos, o Concello lles ofreceu unha videochamada en directo do Mago Rei Midas para realizar un pequeno show.

“Afortunadamente os aniversarios de balcón xa non son precisos porque desde o luns se poden celebrar ao calor da familia e amigos próximos. Foi moi gratificante para nós ter organizado estas case 150 celebracións que sempre recordaremos”, resume o alcalde, Juan González.

2020-05-10 - 167_cumples2

Anuncios