A Garda Civil localiza en Gondomar ao condutor dun quad que se dá á fuga tras sufrir un accidente

A Garda Civil localizou ao condutor dun quad que se deu á fuga despois de sufrir un accidente de circulación ao chocar cunha furgoneta no municipio de Gondomar.

As investigacións iniciáronse cando se ten noticia dun accidente de circulación que ocorreu onte nunha estrada secundaria da parroquia de Vincios, no municipio de Gondomar, no que unha furgoneta sufriu danos materiais ao chocar cun quad que se deu á fuga.

Apenas dúas horas despois do accidente, os efectivos do Posto da Garda Civil localizaron ao condutor do quad nas inmediacións do seu domicilio, a uns tres quilómetros do lugar do accidente.

O vehículo presentaba a primeira ollada evidentes signos de chocar coa furgoneta e o condutor, que dixo saíra para dar unha volta polo monte porque sentíase angustiado en casa, alegou no seu descargo que se deu á fuga porque circulaba sen casco e ademais non tiña pasada a ITV.

Trátase dun mozo de 24 anos, veciño do mesmo termo municipal que, ademais de enfrontarse a unha serie de responsabilidades penais e/ou administrativas por abandonar o lugar do accidente e circular sen caso e sen a ITV, tamén foi denunciado por non respectar as restricións de circulación impostas polo real decreto que regula o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.