O Liceo Marítimo de Baiona organiza a súa tradicional cea-baile de verán

Este sábado día 25 de agosto o Liceo Marítimo de Baiona organiza a tradicional cea-baile de verán. Esta cea, que terá música en directo, está especialmente organizada para os socios, pero queren que o público en xeral goce tamén deste día, polo que será aberta á participación de calquera persoa interesada en asistir. Celebrarase no salón do Liceo Marítimo e comezará ás 22:00 horas. Para asistir pódese reservar chamando ao 608 183 957.

Anuncios